1
Os 51 tipos de actividades LIM
Curso LIM e Proxecto Xogamos? - Uso didáctico
As casas de indianos son construcións típicas nas zonas de emigrantes a América. Aqueles que trunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en boga na América naquel entón, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos' os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais
  • Elefante
    Os elefantes son animais herbívoros, alimentandose de herba e follas de árbores. Dado o seu tamaño, un elefante adulto pode inxerir entre 140 a 270 kg de alimentos por dia. As femias viven en manadas, lideradas por unha matriarca, compostas por varias reprodutoras e crias de variadas idades. O período de xestación é longo (20 a 22 meses), asi como o desenvolvimento do animal que leva anos a atinxir a idade adulta. Os machos adolescentes tenden a vivir en pequenos bandos e os machos adultos illados, encontrandose coas femias apenas no período reprodutivo.
  • Cebra
    As cebras son membros da familia dos cabalos nativa de África central e do sur. Teñen raias verticais negras e brancas nos cuartos dianteiros, tendendo horizontalmente cara a parte traseira do animal. No seu hábitat natural realizan migracións en grandes manadas en busca de alimentos.
  • Oso
    O oso é un gran mamifero da orde dos carnívoros, familia Ursidae. Na Galiza é posíbel ver o oso pardo nas serras orientais, onde pasa procedente de Asturias.

    Todos os osos teñen en común a pel densa, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas redondas. Usa os dentes para defensa persoal e como instrumentos. Usan as uñas para despedazar a carne e mais para escavar buracos profundos.
  • Tigre
    Os tigres (Panthera tigris) son mamíferos da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros.

    O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas dianteiras e mátanas trabándolles na gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os humanos alteran o seu hábitat natural.

    Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a camuflarse. Non teñen inimigos naturais, pero os homes mátanos porque teñen medo deles, se ben os tigres non merecen esa mala sona.
  • Crocodilo
    Crocodilo pode ser calquera das 14 especies dos réptiles da familia Crocodylidae. O termo tamén é usado ás veces para incluir todos os membros da orde Crocodylia: isto é, os crocodilos verdadeiros, os lagartos e caimáns ou xacarés (familia Alligatoridae) e o gavial (familia Gavialidae).

    Os crocodilos viven nas Américas, África, Asia e Australia. Os crocodilos habitan xeralmente as marxes de rios, mentres os da Australia e illas do Pacífico tamén frecuentan o mar.

    O maior réptil hoxe na face da terra é o crocodilo de agua salgada encontrado no norte da Australia e illas do sudeste da Asia.
Os membros de este corpo ocúpanse principalmente da extinción de incendios e doutros servizos de diversa índole pero que en moitas ocasións están relacionados cun sinistro.